O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia entregará o galardón Gerardo García Campos na Toxa o 19 de outubro.
Algúns dos premiados na gala de 2006
O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) acaba de anunciar a convocatoria da V edición do Premio Gerardo García Campos para distinguir á mellor iniciativa empresarial no sector das Tecnoloxías da Información e da Comunicacións (TIC).
Este galardón é un dos platos fortes da tradicional Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, punto de encontro dos persoeiros do sector. Este ano a cita será o venres 19 de outubro no Gran Hotel da Toxa, en Pontevedra.
A organización informa que “poderán concorrer ao premio, que ten unha dotación económica de 6.000 euros, todas as pequenas e medianas empresas (pemes) privadas españolas relacionadas co sector das TIC que leven constituídas menos de cinco anos na data da convocatoria”.