Fronteiras narra, mediante entrevistas a falantes e expertos, a difícil situación da lingua máis alá dos límites autonómicos
Falantes zamoranos de galego en "Fronteiras"
Un dos primeiros filmes sobre a situación do galego máis alá dos límites administrativos da Comunidade Autónoma, o documental “Fronteiras”, xa se pode ver a través de Google Video. Trátase dunha obra dirixida por Rubén Pardiñas e emitida na Televisión de Galicia o pasado 25 de xullo de 2007.
O documental analiza o presente da lingua galega no exterior mediante entrevistas con falantes de zonas fronteirizas (Zamora, O Bierzo, etc.) e persoeiros da cultura do país, como o escritor ourensán Xosé Luís Méndez Ferrín.
"Fronteiras” é produto do traballo de Pasacana Films e Atalanta Producións e tamén conta coa colaboración do festival Play Doc , que se organiza no mes de marzo en Tui.