Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Sobrevoa a Terra

Google Earth agocha un simulador aéreo

A versión 4.2 do programa de cartografía engade un mapa do ceo e mesmo permite pilotar nun F-16 ou nunha avioneta.

Redacción - 10:10 04/09/2007
Voando sobre as obras da Cidade da Cultura

Voando sobre as obras da Cidade da Cultura

Quen descargase a última actualización de Google Earth, o programa cartográfico que permite viaxar pola Terra mediante imaxes tomadas vía satélite, sorprenderase polas innovacións incluídas. Por unha banda, na versión 4.2 agora pódese tamén 'navegar' polo ceo, grazas a Google Sky. Esta ferramenta permite ampliar rexións do ceo para apreciar fotografías do telescopio espacial Hubble, entre outras, dun xeito semellante ao que se pode facer sobre a superficie terrestre. Porén, xa existen algúns programas de código aberto e máis avanzados neste aspecto, como Stellarium ou Celestia.

Pero o novo programa de Google agocha unha sorpresa aínda meirande: un simulador aéreo ao que se pode acceder premendo simultaneamente as teclas CTRL+ALT+A, ou MAZÁ+OPTION+A nos Mac. A partir de aí, pódese escoller un F-16 ou unha avioneta SR-22, aínda que controlalos é bastante complicado ao principio, polo a aeronave pode acabar esnafrada en calquera lugar.

Deste xeito, unha utilidade que nun principio xurdiu como un xeito de ver en tres dimensións os mapas e as imaxes de Google Maps, vai evolucionando até se mesturar cos videoxogos.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: