A empresaria Rosalía Mera figura na lista das 100 mulleres máis poderosas do mundo que elabora a revista estadounidense
Forbes. Segundo a publicación, Mera, que ocupa o posto 76, destaca pola variedade de negocios en que investiu o diñeiro que obtivo cando Inditex saíu á bolsa.
A ex-muller de Amancio Ortega e cofundadora do imperio
Inditex é a única galega da listaxe, onde só hai outra representante da Península Ibérica, a presidenta de
Banesto, Ana Patricia Botín, no posto 40.
Para
Forbes a muller máis poderosa do mundo, e a que encabeza a clasificación, é a chanceler de Alemaña, Angela Merkel. A segunda é Wu Yi, vicepresidenta da China, e a terceira Ho Ching, directora executiva de Temasek Holdings, de Singapur.