Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Á volta aos seus postos de funcionarios

A reforma da función pública tamén lle dá o sobresoldo a ex alcaldes e deputados

A lei inclúe un artigo que estende o alcance da polémica disposición adicional 17ª.

Redacción - 09:30 29/08/2007

Alcaldes, presidentes de deputacións ou institucións equivalentes, senadores, deputados de Congreso ou Parlamento... "Como mínimo, estes funcionarios recibirán o mesmo tratamento na consolidación do grao e no conxunto de complementos que o que se estabeleza para os que fosen directores xerais e outros cargos equivalentes ou superiores da correspondente administración pública".

Así o fixa o 23º punto da reforma da Lei de Función Pública, unha engádega que amplía o artigo 53 da vella norma e que estende o alcance de, por exemplo, a disposición adicional 17ª, aumentando o desembolso previsto para os petos dos cidadáns. Unha cláusula presuntamente estabelecida para que "non haxa menoscabo no dereito á carreira profesional dosfuncionarios públicos que fosen nomeados altos cargos, membros do poder xudicial ou doutros órganos".

O descubrimento deste novo privilexio que pasara inicialmente desapercibido serviu para que este martes e desde o Movemento pola Igualdade no Emprego Público cualificasen unha vez máis de "cacicada" a reforma e criticasen un privilexio que concede "un sobresoldo de por vida por un traballo que non van exercer". "É impropio dunha sociedade democrática avanzada", láianse.

Duras críticas dende a CIG
Tamén dende o sector sindical choven as críticas. Bautista Vega Tato, secretario confederal de Relacións Institucionais da CIG, reclama "un xiro á esquerda do Goberno", para segundo afirma "satisfacer as necesidades socias" de Galiza "que son moitas e de calado", e entre as que non se atopa a de "poñerse unha gratificación millonaria para toda a vida".

Neste senso, gaba a "valentía e compromiso de Encarna Otero", e esíxelle ao bipartito "a revogación deste privilexio como primeira medida do xiro á esquerda", un bipartito que segundo Vega Tato "até agora só nos deu continuidade e máis do mesmo que tiñamos co Partido Popular".

Poden consultar aquí o artigo completo (.pdf) de Bautista Vega Tato.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: