Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Fútbol Sala

O Autos Lobelle, campión do Torneio Internacional Cidade de Porto

Malia comezar por detrás no marcador, os do equipo compostelán souberon remontar o resultado adverso marcando catro goles.

Redacción - 11:47 27/08/2007
Lance do partido deste domingo

Lance do partido deste domingo

O Autos Lobelle de Santiago FS impúxose este domingo ao Fundação Jorge Antunes na Final do Torneio Internacional Cidade do Porto , disputada no Pavilhão Rosa Mota ante uns 800 seareiros, e proclamáronse campións, sucedendo ao Celta de Vigo.

Os composteláns realizaron un fútbol sala intelixente e malia encaixar un gol aos catro minutos de partido, marcado por Coco, souberon xogar con paciencia e conseguiron remontar o resultado adverso, que finalizou cun 1-4.

Empate no minuto 16

No minuto 16, Glauber facía o tanto do empate; o 1-2 foi obra de Miguel no minuto 20; cinco minutos despois Betao volvía marcar; e Carlinhos no 34 poñía o definitivo 1-4 no electrónico.

Polo Fundación Jorge Antunes xogaron Vítor Hugo, Andrezinho, Coco, Divanei, Ribeiro (no cinco inicial), Coelho, Tiago, Mide, Passarinho, Marinho e Melão.

Polo Lobelle: Mendiola, Carlinhos, Leitão, Manu, Miguel -cinco inicial-, César, Yoni, Alemao, Betao, Glauber e Molina.

O vindeiro amigábel terá lugar xa no Multiusos Fontes do Sar, en Compostela, o 1 de setembro ás ás 17:30h contra o Coinasa Ourense.

Triangular en Noia

Por outra banda, o Lobelle B disputou o sábado en Noia o seu primeiro compromiso da pretemporada: un triangular no que tamén estiveron o A Estrada FS e o equipo local, o Noia Aluminios Severo.

No primeiro encontro o Lobelle impúxose ao campión de 1ª A da tempada pasada, o A Estrada FS, por 3-0. O Noia tamén caeu por idéntico resultado ante os do equipo estradense. E no último partido o Lobelle gañou por catro goles a cero aos locais.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: