De "enésimo desprezo" definiu o presidente do PPdeG, Alberte Núñez Feijoo, o que cualificou de falta de compromiso do presidente do goberno español.
"Ven Galiza como territorio de segunda división", opinou Alberte Núñez Feijoo sobre a visión do PSOE respecto ao país, ao tempo que aseguraba que se trata dunha actitude "asumida polo presidente Touriño" e os socialistas galegos.
Núñez Feijoo desafiou o PSdeG a "reprender publicamente a ministra de Fomento" ao xeito do PSC en Cataluña. Na súa opinión "en Cataluña saben perfectamente cando chegará a AVE de xeito definitivo". Segundo Feijoo, Galiza descoñece aínda os prazos da chegada da alta velocidade ferroviaria. O líder dos populares galegos queixouse de que a recente visita do presidente do goberno español para un acto na Fonsagrada non servise para "concretar" prazos.