A Liga Galega de Traíñas clausúrase esta fin de semana. A Bandeira de Muros, no sábado, e a de Ferrol, no domingo serán as últimas e decisivas.
Dende a Liga galega de Traíñas din que esta fin de semana pode pasar de todo: na regata do sábado pode variar por completo a clasificación habitual, e aínda que, polo momento, podería vencer a tripulación da SD Tirán, de ficar novenos ou descualificados, e de gañar os de Samertolaméu, estes poñeríanse por diante... Mais isto todo son conxecturas, que tamén se poden levar aos segundos e terceiros postos, polos que andan loitando o Náutico de Vigo, o Perillo e o Chapela, aínda que este último, pase o que pase, ten asegurado o quinto posto, cunha licenza de 15 puntos sobre o sexto, o Amegrove.
Tirán vai á Kontxa
Ao manter con regularidade a primeira posición até o 19 de agosto, a SD Tirán vai ser a representante galega na olimpíada das traíñas, que se ha desenvolver o luns 27 de agosto, xusto no día a seguir de rematar a LGT, a Donosti para tomar parte nas clasificadoras da quinta feira día 30.
De chegar a ser un dos sete mellores cronos, chegarían directamente á final, onde tentarían dalo todo para gañar a Kontxa. Unha vez terminada a proba donostiarra, Tirán e Samertolaméu disputarán os play off da liga estatal, a ACT.
As cousas van así, comezando a fin de semana decisiva da LGT:
1. SD Tirán, con 141 puntos.
2. SD Samertolaméu, a 8 puntos dos líderes, con 133.
3. RC Náutico de Vigo, con 118 puntos.
4. C Regatas Perillo, con 114 puntos.
5. CR Chapela, con 103 puntos.
6. Amegrove CR, con 88 puntos.
7. CR Coruxo, 77 puntos.
8. AD Esteirana, 76 euros.
9. CR A Cabana, con 52 puntos.
10. CR Puebla, 48 puntos.
11. Credimotor CR Ares, con 443 puntos.
12. SD As Xubias, con 18 puntos.
13. CM Castropol, con 13 puntos.