"Sumem-nos al mapa per un estat propi" conseguiu, dende o seu comezo, en abril, unhas 12 mil adhesións. Hai un mapa feito coas persoas que asinaron.
Con cada sinatura, foise colocando unha bandeira catalá, unha senyera, co que chegan a se visualizar no mapa cada unha das 12 mil persoas que votaron pola independencia dos Països Catalans.
A campaña comezara no blogue de Alexis Vizcaino, despois de que un outro blogueiro, Xavier Mir, lanzase a campaña "Jo també vull un estat propi". Ao final, todo desembocou nunha rede de blogues soberanistas que terminaron por crear o mapa de sinaturas.
Agora presentan, na Universitat Catalana d'Estiu, os resultados desta campaña, que se puxo marcha o 25 de abril, coincidindo coa conmemoración dos 300 anos da Batalla de Almansa.