Un día despois de que comece a primeira liga estatal, dous dos clubes galegos enfróntanse no seu primeiro partido da tempada da Segunda División B.
No domingo, por volta do mediodía, enfrontaranse no campo de Abegondo o Deportivo B, o antigo Fabril, e mailo Celta B, nun partido que lles pode servir aos afeccionados para calmar un pouco as ganas de derbi que poidan ter: partidos de rivalidade extrema e de curtos desprazamentos.
O Deportivo acaba de subir da Terceira División, quedando primeiro da liga, e o Celta B quedou de 13º o ano pasado, manténdose en Segunda B. Noutros partidos disputados entre os dous equipos, sempre acabaron empatados, a ceros ou a dous.
Os do Celta xa coñecen a categoría, e os coruñeses tentarán manter o tipo nesta primeira andadura pola Segunda B, co mesmo bloque de xogadores que conseguiron o ascenso.