Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ACUSA DE ALARMISTA AO SINDICATO LABREGO

A Xunta di que protección de aves na Limia non limitará os cultivos

O director xeral de Conservación da Natureza tenta calmar ao sector ante a manifestación organizada este venres en Ourense.

Manuel Vilas - 10:50 24/08/2007

A Consellería de Medio Ambiente tenta temperar os ánimos dos agricultores da Limia, que este venres maniféstanse en Ourense contra a creación dunha Zona Especia Protección para as Aves (ZEPA) nesa comarca. O Sindicato Labrego Galego (SLG) di que se limitarán os cultivos e que non se poderá modernizar os regadíos.

O director xeral de Conservación da Natureza, Xosé Benito Reza, nega, en declaracións a Vieiros, estes límites. Reza argumenta que a declaración dunha ZEPA non implica a prohibición de ningún cultivo. Por iso, acusa ao SLG de alarmar os agricultores con datos erróneos.

Iso si, admite que, se a Xunta comproba “a medio prazo” que algunha das especies protexidas míngua poderíanse tomarse “unha serie de medidas”. En todo caso, o director comprométese a negociar estas restricións co sector. Tamén asegura que a extensión da área proposta pola Xunta é susceptíbel de discusión.

Imposición da UE
Ademais explica que “a ZEPA non é un capricho da Xunta, hai unha sentencia firme do Tribunal de Luxemburgo que nos obriga a súa creación”. Argumenta, tal e como indicara ADEGA, que a promulgación da zona pode abrir a porta á chegada de novas axudas da Unión Europea.

En todo caso, Reza promete “reunirse con todo o mundo” e ter en conta as “alegacións que sexan razoábeis”. Así e todo, o director evita falar prazos para a creación da zona.

Cualifica de “incríbeis” as acusacións de non ter informado oficialmente ao sector con suficiente antelación, pois o director xeral di que é a primeira proposta de ZEPA que a Xunta publica no DOG.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: