O déficit de transporte do gas que agora mesmo xa pode procesar a planta de Ferrol, recomendaría non ampliar capacidade. O gasoducto previsto para 2010 mudaría a situación.
"A emisión de Mugardos pode verse de novo limitada pola entrada en operación da planta de El Musel, a partir de 2010, por seren próximas as súas áreas de influencia", recolle un documento recente. O informe da Comisión Nacional de Enerxía non incorpora a previsión do recente gasoducto á meseta, prometido desde o Ministerio de Industria, perspectiva coa que "a construción da planta de El Musel no eixo noroeste podería contribuír a reducir máis a zona de influencia" da planta ferrolá.
Reganosa traballa actualmente cun obxectivo de regasificación de até 322.500 metros cúbicos por hora. A empresa agarda a autorización dunha solicitude de ampliación coa que tentaría chegar a unha capacidade de regasificación de até 800 mil m3/hora. O proxecto é obxectivo doutra das críticas desde o Comité Cidadán de Emerxencia, que advirte que nese estremo, a planta necesitaría do subministro de até 105 metaneiros cada ano, arredor dun entrando na ría cada tres días cunha media de 140 mil m3 de gas. Tal volume de actividade sería complicado dadas as complicacións para a entrada dos buques na actual situación da planta no interior da ría. Hai poucos días e en pleno verán, o mal tempo fixo que mesmo debera adiarse a entrada dun dos gaseiros máis grandes.
Recomendámoslles ampliar en La Nueva España e La Voz de Galicia infromación sobre o mesmo tema.