Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Malia o convite de Touriño a evitar a disputa

Caballero insiste co seu modelo de área metropolitana

Recuperando un informe da Mancomunidade de hai tres anos, o rexedor vigués teima na súa proposta de área metropolitana de 28 concellos.

Redacción - 09:30 21/08/2007

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu poñer en primeira plana este luns o debate sobre a futura área metropolitana de Vigo. Diante das posicións enfrontadas sobre o proxecto, e malia que o presidente da Xunta convidara a evitar o tirapuxa público e deixarlle o deseño á administración, Caballero insistiu na súa proposta, bautizada como Vigo-28. Ao fío, recordou o informe realizado en 2004 pola Mancomunidade de Vigo, onde na súa opinión se avala a creación dun ente máis amplo que o de 14 concellos proposto inicialmente xa no proxecto de lei esbozado polo PPdeG.

Caballero subliñou que o devandito informe dá exemplo das "razóns políticas" que impediran o deseño dun ente supramunicipal de máis de 14 concellos e reprochoulle á voceira do PP vigués, Corina Porro, que fixese "política partidista" cunha cuestión "territorial". Insistiu o rexedor en que a Vigo-28 sería a mellor resposta "á realidade económica, social e industrial" de Vigo e a súa área de influencia, incluíndo concellos como Ponteareas e As Neves, que non contemplaba o proxecto anterior.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: