O clube meco Breográn voltou cos dous títulos do embalse de Trasona. O Kayak Tudense ficou na segunda posición e o Ría de Aldán na quinta. Por detrás, os de Catoira, que foron oitavos.
O Breogán gañou todo no embalse de Santa Cruz de Trasona: revalidou o Campionato Estatal de Pista Sénior e ao tempo erixiuse campión da Copa de España de Pista.
Cun total de 638 puntos por diante do Kayak Tudense, os mecos gañaron émbolos dous títulos, unha outra vez. Despois dos de Tui, que tamén loitaron duro para conseguir os trofeos, ficou o Iberdrola Caja España Zamora. Os zamoranos conseguiron roubarlle o terceiro chanzo do podio da Copa ao Clube As Torres Romería Vikinga de Catoira, que ficou este ano no oitavo posto.
Na quinta praza quedaron os outros galegos, do Clube de Mar Ría de Aldán Hermanos Gandón, que cegaba a Trasona sen David Cal, mais cos seus outras internacionais, Carlos Pérez Rial ou Teresa Portela.