Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Protesta pola presión fiscal aos escritores

Vázquez-Figueroa pon de balde na rede unha novela sobre os negocios dos EUA en Iraq

O último best-seller do escritor canario está xa na súa bitácora. O autor explica as razóns polas que decidiu que de agora en diante publicará simultaneamente na rede e no formato tradicional.

Redacción - 13:15 19/08/2007

"Preguntáronme se é que virei tolo, que me sobran os cartos ou se pretendo arruinarme e arruinar de paso o meu editor. Non é o caso", explica Alberto Vázquez-Figueroa no seu blog. A continuación reflexiona sobre os motivos polos que concluíu que con este sistema poderá chegar a novas audiencias sen ver afectados os seus xa elevados ingresos.

Queixas pola presión fiscal sobre os autores
Fai balance Vázquez-Figueroa da venda nesta altura da súa vida dunha cifra acumulada de arredor de 25 millóns de libros, pero láiase de que "de todos os cartos que gañei a metade levounos Facenda". Ao fío, compara a situación co Reino Unido, onde segundo explica "os escritores non pagan taxas polo froito do seu traballo". "Iso significa que un escritor inglés conta co dobre de medios económicos ca min para viaxar ou investigar á hora de enfrontar un novo traballo", quéixase.

O último: novela sobre Iraq
De paso, o escritor conta na bitácora sobre a súa nova obra, Por mil millóns de dólares (.pdf), descargábel de balde, onde conta das "escuras maquinacións das grandes compañías americanas que inventaron a existencia de armas de destrución masiva coa fin de iniciar unha guerra que custou casen medio millón de mortos e nunca poderá gañarse pero que produce miles de millóns en beneficios".


4,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: