Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Datos suprimidos

A páxina de José Sócrates na Wikipedia foi alterada dende un computador do goberno portugués

Outra vez son noticia as alteracións interesadas na enciclopedia libre. Agora, polas referencias ao caso da posíbel fraude na licenciatura do primeiro ministro portugués, que foron retiradas da biografía de José Sócrates.

Redacción - 13:00 17/08/2007
Imaxe de Sócrates, tirada da súa páxina na Wikipedia

Imaxe de Sócrates, tirada da súa páxina na Wikipedia

Na mesma semana na que se soubo dos arranxos interesados da Wikipedia por parte da CIA e o Vaticano, un internauta empregou un computador do goberno portugués para retirar da páxina da Wikipedia portuguesa dedicada ao primeiro ministro todas as referencias ao caso da licenciatura na Universidade Independente (UnI), que foi acusado de non ter conseguido.

A descuberta foi feita cunha ferramenta creada hai ben pouco por un estudante norteamericano e foi publicada no blogue colectivo de esquerda Zero de Conduta.

O 2 de Abril, dúas semanas despois de os xornais portuguesas publicasen unha investigación sobre a posíbel fraude na licenciatura de Sócrates, alguén borrou a totalidade do parágrafo alusivo ao caso e eliminou tamén a mención ao feito de ser a Universidade Independente unha institución privada, que, porén, aparece na propia web do primeiro ministro, Jose Sócrates.

A Wikipedia, con todo, garda as alteracións feitas a cada unha das súas páxinas, de forma a que as versións anteriores, a pesar das novas entradas, poden ser recuperadas e poden volver ser introducidas.

Unha semana máis tarde volveron arranxar a páxina

Empregando o mesmo computador, alguén retirou novamente todas as alusións á polémica, mesmo as ligazóns ás noticias nos xornais electrónicos. As mudanzas na páxina sempre se producen entre o medio día e as 14:30 horas, e tamén se fan na versión en inglés da mesma páxina.

As regras de Wikipedia

A Wikipedia -da que hai tamén versión galega- pide unha edición neutral dos artigos, sen intervención de partes interesadas, e clasifican como vandalismo a eliminación non xustificada de información.


4/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: