Este martes arranca a cuarta edición dunha actividade que leva o espectáculo ás rúas da capital do país.
Dúas semanas completas de actividades na rúa compoñen a programación da cuarta edición do Festival D'Gorra. Organizado polo colectivo Pistacinco e a Concellaría de Cultura de Compostela, D'Gorra desenvólvese do 14 ao 26 de agosto en contacto directo co público. O festival incorpora todo tipo de xéneros, como música, teatro, o circomatón, performances, números aéreos, pasarrúas, cabaré, obradoiros e unha plataforma para novos artistas.
O festival desenvólvese en tres prazas da cidade: Praterías, Toural e Quintana, e contará coa participación de vinte grupos: Trasno, Djammal, Chopilotes, Ciganí, Rewen, Manic Freak, Kote Malabar, Casi Q Si, Roi o Cagabolas, Maku Jarrak, Chacovachi, Capuzzi e a srta. X, El show de Lupo, Los Últimos, Circanelo, Corpo Corto, Rudie Dudie, e os debutantes Circocina, Isla, Circo Escarranchado. Todos eles actuarán un mínimo de dúas veces en distintos horarios para que haxa máis oportunidades de velos.