Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NAS MANS DOS PARTIDOS POLÍTICOS

Un cento de xornalistas seleccionados "a dedo" traballa para a Xunta

O Sindicato de Xornalistas pide que se cree unha categoría laboral, aproveitando a reforma da Lei da Función Pública.

Redacción - 15:00 14/08/2007

Un cento de xornalistas traballa para os diferentes departamentos dependentes da Xunta de Galicia e a súa contratación ou despido “depende exclusivamente da decisión do dirixente político de turno”, segundo denuncia o Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG).

O Sindicato reclama á Xunta que, aproveitando a recente reforma da Lei de Función Pública, cree unha categoría laboral para que estes profesionais poidan ser contratados dun xeito transparente, en función da súa formación e experiencia, e non de “supostas filacións políticas”. Nun comunicado difundido hoxe, o SXG argumenta que así aumentaría a transparencia da información que se facilita dende o Goberno aos medios.

"Aplicar as súas propostas"

Segundo a organización, PSdG e BNG, cando estaban na oposición, defendían no Parlamento o fin da precariedade nestes postos de traballo. “
Agora que ocupan o poder en San Caetano tócalles aplicar as súas propostas”, advirte o Sindicato.

O certo é que a gran cantidade de informadores contratados polas diferentes consellerías e organismos públicos converten á administración autonómica nun dos principais empregadores do sector na comunicación en Galiza, circunstancia que non cambiou despois da subida ao poder do bipartito.


4,36/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: