Un estudante galego ten que compartir un ordenador con nove compañeiros, segundo os últimos datos do Ministerio
Un computador por cada 10,5 estudantes. Este é o equipamento informático nas aulas do ensino galego, o que sitúa ao sistema educativo do país como un dos que menos ordenadores ten en todo o Estado, só por detrás das Baleares.
Así o indica a nova “Estatística sobre Sociedade da Información” que acaba de actualizar o Ministerio de Educación. Os datos mostran que en España existen oito ordenadores para cada alumno de primaria e secundaria, máis de dous puntos por riba da media galega.
O atraso da privada
Unha constante que se repite en todo o Estado é que o equipamento informático das escolas públicas (7 equipos por rapaz) é mellor que o das privadas (11 equipos). Igualmente, nos centros que dependen directamente da Consellería de Educación hai 9,9 ordenadores por alumno, mentres que nas aulas privadas hai 13; segundo datos do curso 2004-2005.
Cómpre sinalar ademais que unicamente a metade dos computadores nas aulas do país son de última xeración, pois nos institutos galegos, por exemplo, aínda son maioría os procesadores Pentium II e III.