Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Baixo o lema "A terra é nossa"

Mozos independentistas sachan enteiros os campo de golf de Vigo, Lugo e A Toxa

Esta madrugada un grupo de mozas e mozos sacharon nos buratos dos campo de golf de varias vilas galegas. Tamén en Pontevedra houbo accións esta noite contra as corridas de touros.

Redacción - 19:30 09/08/2007
Os activistas empregaron o sacho

Os activistas empregaron o sacho

Na madrugada da quinta feira 9 de agosto un grupo de mozos e mozas independentistas de Vigo sacharon no campo de golf do Real Aero Club da cidade baixo o lema "A terra é nossa", para deste xeito denunciaren a destrución da terra, "unha realidade produto da alteración do territorio galego para o deleite e gozo dos turistas e burgueses que utilizan a nosa terra como unha colonia", nas palabras dos activistas, escritas nun seu comunicado.

Segundo os mozos e mozas independentistas, estes xeitos de turismo non producen máis que precariedade laboral, en sectores relacionados con el, alén de especulación inmobiliaria e unha "invasión cultural".

Por problemas técnicos, os mozos e mozas que fixeron activismo co sacho, non puideron fotografar o campo de golf, polo que non podemos saber cómo quedou após a acción.

Da que si hai fotos é da sachada de Lugo, tamén feita por outro grupo de mozos e mozas independentistas, polas mesmas horas. Na Toxa tampouco puideron tirar fotos, segundo din, porque o flash da cámara chamaría moito a atención. O que si din dende A Toxa é que con esta acción puideron atrasar un torneo de golf que se ía desputar nos próximos días.

Pontevedra tamén amenceu chea de pintadas anti-taurinas
Na mañá da quinta feira os carteis que publicitan a feira taurina da cidade estaban todos pintados con lemas contra as corridas de touros. Tamén a praza de touros estaba pintada, en caracteres de imprenta, con frases como: "se as touradas som arte, o canibalismo é gastronomía" e tamén, "nom á festa do fascismo". Tamén se reivindicaba, nos carteis dos actos "por umhas festas galegas".

Segundo din os veciños, un grupo de mozos foi visto pintando, e estaba sendo buscados pola policía pontevedresa, mais este é un das ducias de actos que se desenvolven por todo o país coa chegada do verán e as corridas de touros móbiles ás vilas, e, sobre todo, a Pontevedra, a única cidade galega con praza de touros.


4,77/5 (43 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: