Esta demanda afecta a numerosos cultivos utilizados para esta fin e está impulsando á alza o prezo dos productos agrícolas, en primeiro lugar afecta ao millo e á cana de azucre. Se analizamos máis profundamente o que está pasando nestes momentos observamos que a suba de prezos está contaxiándose a outros cultivos e finalmente trasládase ao prezo dos alimentos.
As previsións para os próximos meses son de apertura de novas plantas de producción de biocombustibles cun aumento da demanda de productos agrícolas.
O feito de que existan subsidios en moitos países para a producción de biocombustibles fainos máis competitivos que a producción de alimentos polo que se esperan novos aumentos de prezo para os alimentos. Nos países do terceiro mundo un aumento de prezos dos alimentos pode ocasionar un empeoramento significativo da situación nutricional.
A demanda de biocombustibles pode ser regulada reducindo os subsidios para facer máis competitiva a producción de alimentos.