Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Crise aberta no socialismo navarro

Puras dimite e avisa de que o PSN pode rachar

O veto do PSOE ao pacto de esquerda para Nafarroa trae a dimisión de Fernando Puras, cabeza de lista do PSN e candidato socialista á presidencia.

Redacción - 09:30 07/08/2007

Non será Fernando Puras, quen aspiraba a liderar o pacto de esquerda en Nafarroa, o que lea o discurso que durante a próxima investidura no Parlamento de Nafarroa lle ceda o executivo a UPN, a marca baixo a que aló acude aos comicios o PP.

Puras anunciou este luns a súa dimisión, despois de ser desautorizado pola dirección socialista en Madrid para asinar un acordo con Na-Bai e IU, tal e como o seu equipo pretendía. Á hora de explicar a súa dimisión, o xa ex voceiro socialista cualificou de "erro" a estratexia do PSOE para Nafarroa e advertiulle á executiva federal do seu partido que "o futuro non está en marxinar e excluír unha parte da sociedade". Referíase Fernando Puras ao veto da dirección a un acordo cos nacionalistas de Na-Bai.

"Hai que resolver canto antes isto se non queren que abrolle unha forza alternativa dentro do socialismo en Nafarroa", avisou ademais, agoirando unha posíbel escisión debido á xestión deste proceso.

Na prensa vasca:

En Deia: Fernando Puras dimite despois do veto do PSOE a un acordo de goberno con Na-Bai

No Diario de Navarra: Puras responde coa súa dimisión á orde do PSOE de permitir o goberno de Sanz


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: