Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Acollería en 2010 exposicións e congresos relacionados

Propoñen que o Gaiás centre actos do "bicentenario da independencia americana"

A Cidade da Cultura tamén sería escenario dun cumio de xefes de Estado iberoamericanos, segundo explicaron o ministro de Cultura, César Antonio Molina, e o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.

Redacción - 15:00 06/08/2007

"Será unha magnífica oportunidade para que a Cidade da Cultura se estree ofrecéndose como ponte efectiva" entre as dúas beiras do Atlántico, coincidiron Molina e Pérez Touriño, durante a primeira visita oficial do ministro a Galiza desde que chegou ao cargo.

O presidente da Xunta explicou que o goberno español proxectou a súa colaboración co proxecto da Cidade da Cultura arredor dese obxectivo. "Hai unha orientación xeral marcada polo presidente do Goberno de España para que sexa unha plataforma, un elemento de relación entre dous mundos atlánticos, dúas culturas: Iberoamérica e Europa", afirmou Touriño.

A recomendación xa fora expresada polo presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero, durante a súa visita a Galiza o pasado mes de febreiro, cando relacionou a posibilidade de asumir como "proxecto de Estado" a iniciativa do Gaiás entanto que este servise de "enlace cultural con Iberoamérica". Daquela mesmo falaron da posibilidade de crear unha comisión conxunta da Xunta cos ministerios de Cultura e Exteriores.


2,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: