Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A final é o próximo venres

Indana, Lapanaback e Grasa escollidos finalistas do Laiosasoa 2007

Até 61 grupos enviaran as súas maquetas ao concurso. Con apenas dúas edicións, o evento de Laiosa, no Incio, apunta a converterse en referencia para os novos grupos musicais.

Redacción - 11:34 06/08/2007

O rock alternativo dos Indana, nados en Compostela: a bossa nova e fusión de ritmos de Lapanaback e o funky festeiro de Grasa. Son os tres grupos que pasaron a complicada peneira enfrontada na preselección de grupos para a final do Laiosa Soa. Na web do certame puideron escoitarse nas últimas semanas as propostas dos participantes: 61 grupos que achegaron cadanseu par de propostas musicais. Unha ampla escolma de creatividade musical que non fai distingos entre estilos. Do folk ao metal, pasando polo blues, todas as propostas son ben recibidas neste festival.

Con maioría de grupos galegos, aínda que tamén houbo propostas enviadas desde Asturias e Castela e León, a convocatoria deseñouse co obxectivo de crear unha plataforma para a promoción dos mellores grupos non profesionais do nororeste peninsular. Xa na súa primeira edición foron trinta os grupos aspirantes a tocar e desta volta competían polo premio final un total de 61 bandas de todos os estilos.

O festival será este venres 10 de agosto, no polideportivo da Laiosa, no concello do Incio. Aló a valoración do xurado incluirá tamén a avaliación do directo de cada un dos tres grupos finalistas. Tonhito de Poi será o presentador desta noite musical. Ademais, pechará a actuación do grupo convidado, a mítica banda de punk rock The Killer Barbies, que volve aos escenarios coa súa formación clásica, logo do retorno ao grupo do Dr. Gonzo e SuperBingo.


4,83/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: