Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ciclismo

Prometedor comezo do Karpin na Volta a Portugal

Isidro Nozal foi mellor tempo do equipo, mentres que Eladio Jiménez parte nunha boa posición para afrontar a carreira.

Redacción - 12:00 05/08/2007
Eladio Jiménez, no momento da saída / Foto: Sabine Jacobe

Eladio Jiménez, no momento da saída / Foto: Sabine Jacobe

Eladio Jiménez, do Karpin Galicia, saíu reforzado na etapa prólogo da LXXIX Volta a Portugal, con saída e chegada en Portimão. O escalador salmantino quedou no décimo sétimo posto da clasificación, a 18 segundos do líder, Martín Garrido, do Duja-Tavira.

Tres postos por diante, no 14, quedou o primeiro dos ciclistas do Karpin, Isidro Nozal, que percorreu os 6,8 quilómetros e 8 minutos e 7 segundos, a 16 segundos do gañador.

A pesar de non ser unha distancia para Isidro Nozal e de non ter destacado Santos González, Eladio Jiménez sae reforzado da etapa prólogo, pois das dez tiradas das que consta a volta, catro conclúen en alto, a súa especialidade.

Despois do prólogo, tamén se comezaron a ver as intencións de loitar pola xeral doutros deportistas, como Xabier Tondo, recente gañador do GP CTT Correios, a só dous segundos de Garrido; Óscar Sevilla, que foi sétimo, e o galego David Blanco, que quedou noveno despois de ter gañado a pasada edición.

A primeira etapa en liña parte do Algarve e discorrerá entre Portimão e Beja, cunha distancia de 196,4 Kms. O seu perfil suave e as escasas diferenzas na xeneral fan pensar nunha chegada ao sprint.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: