Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Algunhas das chaves da suba do paro

Os patróns que despiden en xullo para volver contratar en setembro

A práctica ilícita de dar de baixa aos traballadores cando chega agosto, para aforrar unha paga, e logo volver collelos en setembro, no mesmo posto, prolifera entre os empresarios.

Redacción - 11:30 03/08/2007
A construción é un dos sectores que máis parados xera este mes (Imaxe: Igadi)

A construción é un dos sectores que máis parados xera este mes (Imaxe: Igadi)

Esta práctica pode ser unha das explicacións a que a Seguridade Social perdese nos últimos tres días laborais de xullo uns 233.156 cotizantes, que son, na súa maioría traballadores que algúns empresarios dan de baixa fraudulentamente en vacacións, para aforrar os soldos e cotizacións dese mes.

Con estes feitos, a Seguridade Social perdeu 56.087 cotizantes no saldo neto do mes e o paro subiu en 4.469 persoas en todo o estado.

A
Seguridade Social perdeu 131.500 cotizantes en xullo...
... que adoita ser un mes, xunto con outubro, bo para o emprego, debido ás contratacións da tempada turística. Mais este ano as cousas non foron tan ben. O 31 de xullo a Seguridade Social perdera 56.087 cotizantes, até chegar a cifra total de afiliados a 19.302.685 en todo o estado.

Agora hai 15.354 desempregados máis que hai xusto un ano, e isto explícase, sobre todo, pola proliferación destes "arranxos" da patronal, para garantir a gordura do seu peto.

Acontece todos os anos a finais de xullo: algúns empresarios, sobre todo do sector da industria ou da construción, despiden os seus empregados, para volver admitilos en setembro, aforrando moitos cartos coa fraudulenta operación.

Os patróns coñecen todas as artimañas
Despois das baixas rexistradas en xullo da Seguridade Social, segundo informou o secretario de Estado da Seguridade Social, Octavio Granado, os técnicos deste organismo detectaron que o 1 de agosto xa se tiñan recuperado uns 90.000 cotizantes e outros 19.328 volveran a se dar de alta no mesmo posto e na mesma empresa.

Mais o secretario xeral para o Emprego, Antonio González, tamén se pronunciou, lembrándolles aos empresarios que dende xullo de 2006 está en vigor unha nova norma que fai automaticamente indefinidos aos traballadores que teñan máis de un contrato temporal en 2 anos, todos seguidos nun período de 2 anos e medio. Polo que, se se comete esta práctica reiteradamente, en palabras de González, poden atoparse con que "da noite para a mañá", todo o seu cadro de persoal é fixo.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: