A viguesa, unha das promesas do Taekwondo femininio galego, pode ser unha das escollidas para viaxar co combinado estatal aos Xogos Olímpicos.
A concentración celebrarase no Centro de Alto Rendemento da Pôle de París e asisten as seleccións española, francesa e china para preparar o preolímpico Mundial de Manchester 2007, torneo clasificador para os Xogos Olímpicos de 2008.
Rico, deportista do Clube Tao de Vigo, vai estar acompañada do técnico Jesús Benito, adestrador da Selección Española e do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD). Até París tamén se vai desprazar a Presidenta da Federación Galega de Taekwondo tendo en conta a importancia desta concentración para decidir o equipo olímpico que vai competir en Pekín 2008.
Andrea ten moitas posibilidades de entrar no equipo final, xa que é a número 1 da listaxe olímpica de 57 kg. e esa é unha das categorías elixidas pola selección española para presentar ao preolímpico mundial. Rica é tamén unha moi boa deportista, acreditada por unha enorme regularidade: medallista da Universíada nos dous últimos anos, e medallista tamén no Campionato de Europa, na Copa de Europa e no Campionato do Mundo.