Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Mércores á noite en Compostela

Máis cinema na rúa en agosto

O ciclo que encheu a Praza de Cervantes de proxeccións, todos os mércores ás 22.00 durante o mes de xullo, trasládase agora ao parque do monte da Almáciga co mesmo horario.

Redacción - 13:33 01/08/2007

A Casa Encantada e o Cineclube teñen preparada unha selección de filmes de todos os xéneros, épocas, procedencias e estilos: comezan forte, co documental A lenda do tempo, este mércores 1. O documental de Isaki Cuesta recolle dúas situacións paralelas na illa de San Fernando: un neno xitano que quere marchar logo da morte do seu pai e a chegada dunha rapaza xaponesa. Para a semana, un dos grandes filmes da etapa mexicana de Buñuel, Os esquecidos, sobre a marxinalidade e a miseria nos arrabaldos de México, vivida por un grupo de cativos.

A mediados de mes, unha mítica comedia de Forqué: Atraco ás 3 conta a historia duns traballadores que argallan un atraco ao estilo das películas norteamericanas de gangsters, con actores como Gracita Morales ou José Luis López Vázquez. Xa o día 22, chega o filme que iniciou a "triloxía proletaria", de Kaurismaki (que completarían Ariel e A rapaza da fábrica de mistos). Sombras no paraíso conta o destino do condutor do camión do lixo.

Para pechar o ciclo viaxamos a Neuquén, na Patagonia: Fasinpat amosa a experiencia real dunha fábrica ocupada polos obreiros, e Lonko Purrán, a loita dunha comunidade mapuche para sobrevivir a pesar dunha petroleira norteamericana.


1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: