Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Esixen "responsabilidades"

Traballadores do naval maniféstanse pola morte en accidente dun compañeiro

Durante o paro de 24 horas deste martes, Traballo comprometeuse a revisar a seguridade laboral das empresas do sector.

Redacción - 09:30 01/08/2007

"Tiña a formación axeitada", subliñaba o secretario xeral da CIG-metal, Miguel Anxo Malvido, ao respecto do mozo de 19 anos falecido esta semana nun estaleiro vigués. Malvido lamentou que se produzan este tipo de accidentes e apúxollos ás "fortes presións e enormes ritmos de traballo" que as empresas imporían sobre os traballadores. En parecido sentido se pronunciou o responsábel do sector naval en CCOO, Ramón Sarmiento, quen falou das "presas e elevado ritmo de traballo". Sarmiento tamén criticou a actuación policial e xudicial logo deste falecemento, reprochándolles o comportamento cos parentes e cos compañeiros do finado.

O mozo de 19 anos morrera electrocutado mentres traballaba cunha máquina rebarbadora nun obradoiro de Bouzas. Durante a xornada do martes, os arredor de 6 mil traballadores do naval vigués non acudiron aos seus postos en protesta pola súa morte. Ademais, uns 2 mil operarios acudiron até a sede da Xunta en Vigo. Aló, os representantes das formacións sindicais CIG, CCOO e UXT entrevistáronse co delegado da Consellaría de Traballo e co xefe de Inspección. A consellaría prometeu reactivar as negociacións sobre as melloras en seguridade laboral. Desde a CIG, Miguel Anxo Malvido advirte de que se asinan "moitos papeis, pero hai que levalos á práctica"


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: