Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Touriño insiste na "autorregulación"

A Xunta só lexislará sobre os salarios dos alcaldes a partir dun acordo previo na Fegamp

Sobre a base dun pacto a nivel da Federación Galega de Municipios e Provincias, a Xunta admitiría a elaboración dunha norma legal ao respecto. Desde o PPdeG falan da febleza dun acordo "adoptado sen máis pola Fegamp".

Redacción - 09:30 01/08/2007

Falou o presidente da Xunta este martes da ineficacia que na súa opinión implica "meterse na autonomía municipal cada vez que hai problemas". Ao fío da polémica sobre os soldos dos alcaldes e concelleiros do país, Emilio Pérez Touriño dixo estar convencido de que existe ordenación legal abondo no ámbito municipal e que se poden facer "moitas cousas desde onde estamos".

"O máis prudente e efectivo é incentiva unha autorregulación concertada desde os partidos e a través da Fegamp", propuxo. O presidente asegurou que sería a partir de aí cando o Goberno estudaría "recoller eses criterios nunha norma que lles dea cobertura". Con todo, subliñou a importancia de que esa iniciativa se leve a diante para organizar "o galimatías sen sentido do mapa de retribucións". "É necesario sentar para adoptar un pacto na actualización de soldos", afirmou.

O PPdeG dubida da vontade da Xunta de ordenar a situación
"Un acordo adoptado sen máis pola Fegamp sobre este tema nunca tería forza de obriga legal", indican os populares que insisten en que se estude a súa propia proposta para lexislar ao respecto. Así, o PPdeG sostén que a Xunta evita regulamentar a situación "porque se verían obrigados a poñer cancelas sobre as subas escandalosas dos chamados gobernos de progreso". "Coma sempre que un tema lle resulta incómodo ou pensa que o pode deixar en evidencia, Touriño intenta botar balóns fóra renunciando a exercer as competencias que lle corresponden á Xunta en materia de administración local", critican.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: