Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Despois de 38 anos de ocupación

O exército británico marcha do Ulster

O Reino Unido termina deste xeito unha operación militar que comezaba en 1969, dando pé a unha nova etapa en Irlanda do Norte.

Redacción - 11:00 31/07/2007
Seis dos condados do Ulster forman Irlanda do Norte

Seis dos condados do Ulster forman Irlanda do Norte

Esta medianoite o exército retírase do Ulster, pondo fin á máis longa "operación de seguridade" da súa historia. Por primeira vez dende hai 38 anos, reduce a súa presenza a uns 5.000 soldados, que xa non vixiarán a seguridade interior.

Tal como esixía o proxecto de desmilitarización de Irlanda do Norte, acordado polos principais partidos da zona e os Gobernos de Londres e Dublín, os británicos abandonan pacificamente o Ulster, nun proceso que xa veñen facendo, paseniñamente, mentres avanzaba as negociacións do proceso de paz. Agora, na medianoite do 31 de xullo ao 1 de agosto terminará a súa operación militar máis longa, dentro do considerado como territorio nacional británico.

Nestes 38 anos de campaña -dende 1969, cando o Goberno conservador de Ted Heath enviaba reforzos en apoio á policía local- máis de 300.000 efectivos militares se mantiveron na zona. De entre eles, faleceron 763 soldados e máis de 6.000 foron feridos. Nas épocas máis violentas, o número de soldados británicos chegou a superar os 28.000. Agora só van ficar 5.000, facendo as manobras normais do exército. Dende agora, a Policía de Irlanda do Norte vai ser o único corpo responsábel da seguridade cidadá na zona.


4,88/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: