Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Campionato do Mundo júnior de piragüismo

Dos cinco galegos que ían a Chequia, dous volveron con medalla de prata

Roberto Abal, do Aldán, gañou dúas medallas de prata, e Miguel Rodríguez, do Rianxo, unha.

Redacción - 11:32 30/07/2007

A selección española de piragüismo júnior levaba cinco galegos entre os sete palistas das dúas filas, para remar nos Campionatos do Mundo Júnior de Augas Tranquilas, disputados esta fin de semana en Racice (Chequia).

A selección volveu con tres medallas de prata, sendo os tres mellores postos -no segundo lugar- rexistrados por dous dos palistas galegos.

As novas promesas do piragüismo mundial son galegas

Roberto Abal, palista do Ría de Aldán Hermanos Gandón, só ficou detrás do alemán Marcus Gross, quedando subcampión do Mundo en 1.000 metros. No domingo tamén chegou a subir ao segundo chanzo do podio, outra vez detrás de Gross.

Miguel Rodríguez, do Clube de Piragüismo Rianxo, proclamouse no domingo subcampión do Mundo en C-1 500 metros, e ficou cuarto na final de C-1 1000 metros.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: