Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Traíñas

Os remeiros do Samertolameu, novos campións galegos

Os de Meira quedaron primeiros, seguidos dos seus veciños de Moaña, os da SD Tirán. Despois chegaron os Mecos. As tres tripulacións van loitar polo primeiro posto dos Campionatos Estatais.

Redacción - 10:20 26/07/2007

Os remeiros de Meira gañaron o XXIV Campionato Galego de Traíñas, disputado no Día da Patria en aguas de Corcubión. Despois chegaron os do Tirán, e logo os Mecos; os tres clubes van volver remar xuntos no Campionato Estatal, que se celebrará en poucos días, o 11 e o 12 de agosto nas augas cántabras da vila de Pedrera.

A clasificación do Campionato Galego foi completada polos clubes Cabo de Cruz, Perillo, Chapela, Coruxo, A Pobra do Caramiñal, SD Esteirana, e Amegrove.

Os mellores de Galiza en Corcubión

O presidente da Federación Galega de Remo, José Fraga Álvarez e a primeira tenente de alcalde de Corcubión, Genma Freire, entregaron a Copa galega aos campións. Era a primeira vez que a Costa da Morte acollía unha proba de remo, e ao final cumpriu, xuntando unhas 300 persoas.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: