Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Son 19 membros do colectivo Solidari@s con Itoiz

Xulgan as persoas acusadas polas mobilizacions contra o pantano de Itoiz

Os imputados enfróntanse a unha pena de 9 meses de cárcere.

Redacción - 10:31 24/07/2007

Na terza feira comeza en Iruñea o xuízo contra 19 membros do colectivo Solidari@s con Itoiz, que en xuño de 2003 se manifestaban contra a construción e o anegamento do pantano desta vila de Navarra. Agora, sentados no banco de acusados, estas persoas, naturais de Euskadi, Huesca, Ciudad Real e Alacante enfróntanse a unha pena de nove meses de cárcere por "desobediencia grave", segundo a Fiscalía do Estado Español

Todo aconteceu o 16 de xuño de 2003
As persoas imputadas ocuparon varias vivendas da vila de Itoiz (Navarra) e atáronse nelas, para impedir que se comezase co anegamento do pantano acabado de construír a carón da aldea. Houbo varias mobilizacións e cargas policiais, mais finalmente encheuse o pantano, que agora, uns anos após, presenta varias fendas na súa estrutura, que ameazan a estabilidade da presa.

Na xornada da segunda feira, varios manifestantes solicitaron en Iruñea a libre absolución dos 19 acusados, así como o baleiramento controlado dos embalses de Itoitz e Esa.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: