Alí onde foron atopados a meirande parte de traballadores en situación de case escravitude, arremuíñanse as meirandes explotacións gandeiras de forestais.
A maior parte dos cidadáns encontrados en situación semellante á escravitude traballaban en áreas na fronteira agrícola do Brasil, segundo apuntan as entidades que están a combater este problema no país. A oficial de proxectos da Organización Internacional do Traballo (OIT), Andréa Bolzon considera que na fronteira agrícola do Brasil alíanse as grandes propiedades ás altas taxas de desemprego, favorecendo a contratación de traballadores en condicións degradantes.
"O traballo escravo contemporáneo é unha forma que o capital emprega para reducir custos no seu proceso de expansión e modernización, garantindo a competitividade a produtores rurais", avalía o científico político Leonardo Sakamoto, da organización de direitos humanos Repórter Brasil. Para el, o aumento da competición no campo, co aumento das exportacións, incentiva o traballo escravo. "Empregan man de obra en condicións degradantes, de baixo custo, e invaden terras públicas, o que xera o desmantelamento dos montes, principalmente, na Amazonia".
A incidencia do traballo escravo na fronteira agrícola pode ser confirmada polo cruzamento de datos, feito pola Agência Brasil, da "lista suja" (listaxe co número de traballadores liberados) do Ministério do Trabalho co mapa do desmantelamento da Amazonia do Ministério do Meio Ambiente e o crecemento da economía agrícola, segundo datos do Instituto Brasileiro de Geografia e Estatística (IBGE). Velaquí o mapa que o demostra.
Escravitude nas granxas e nas produtoras de carbón vexetal
Outro dato que comproba esta avaliación, segundo as entidades que estudaron o feito, son as actividades económicas das empresas nas que son encontrados traballadores em situación semellante á escravitude: máis do 60% das facendas observadas son criadoras de gando bovino. Despois vén a produción de carbón vexetal, cun 12%. Ámbalas dúas actividades son típicas da fronteira agrícola brasileira.
A función desempeñada polos traballadores tamén indica a sua utilización en actividades de expansión agrícola, segundo estas entidades. A metade deles tiña como traballo coidar do pasto. A segunda actividade máis desempeñada é o desmantelamento dos montes, con preto do 20% dos traballadores libertados dedicados e el. Son actividades que, segundo a oficial da OIT, anteceden a implementación de pastos e áreas de cultivos.