Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
ciclismo

O Karpin Galicia tamén subiu ao podio da 'Vuelta a Madrid'

A última etapa da Volta a Madrid decidiuse ao sprint a favor do venezolano Jesús Pérez (Cinelli-Endeka), pero non deparou cambios significativos na xeneral, polo que o ciclista do equipo galego Carlos Castaño subiu ao terceiro chanzo do podio.

Redacción - 11:15 23/07/2007
Carlos Castaño

Carlos Castaño

Na última etapa da 'Vuelta a Madrid', os corredores do Karpin amosáronse combativos: Serafín Martínez e Salgueiro metíanse, como en case toda a carreira, novamente nas fugas.

Na última proba, Manuel Lloret puido manter o seu liderado, arroupado polo seu equipo, o Fuerteventura, polo que a loita estivo máis centrada na vitoria de etapa, que os corredores con menos opcións procuraron, dende o primeiro momento, a través das fugas.

Tras varios tentos, na terceira das doce voltas que había que der sobre un circuíto na Casa de Campo madrileña, destacáronse oito corredores, entre eles o ciclista do Karpin Galicia, Serafín Martínez. O grupo cunha vantaxe máxima de 1-15 mandou na carreira até a décima volta. A esa altura da etapa tan só Serafín Martínez e Julen Zubero (Orbea) estaban aínda destacados.

Despois de deixalos atrás, Enrique Salgueiro colleu a primeira posición no alto das Garabitas, de terceira categoría; mais o pelotón, conducido xa polos equipos dos corredores, non o lle deu opción. Mais desta vez foi o venezolano Jesús Moreno o que impuxo a súa punta de velocidade sobre Garrido, Torrent e Vicioso, clasificados por esta orde na catro primeiras posicións. O ciclista do Cinelli-Endeka estreábase como profesional nesta volta co equipo italiano.

Camisola madrileña e terceiro posto para Carlos Castaño
Finalmente, o corredor do Karpin Galicia Carlos Castaño, sumou un novo podio para o seu equipo, e ademais gañou a camisola que os organizadores reservaba para o primeiro ciclista da proba que fose madrileño. Gustavo Domínguez foi o segundo corredor do Karpin Galicia na xeneral, no posto décimo terceiro.

O equipo profesional galego, que non para, estará no Gran Premio Getxo, que sae de Villafranca de Ordícia o vindeiro día 25.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: