Outras especies ameazadas, nos atopamos nestas terras ao mazarico real, única poboación nidificante en toda España con catro parellas coma máximo, catalogada en perigo de extinción ou a tartaraña cincenta e a gatofornela conseideradas vulnerables. Do sisón (o 50% da poboación habita nestas terras, o alcaraván e o mazarico, a Xunta está a realizar os estudios previos para redactar os plans de xestión de especies, como indica o Decreto 88/2007 do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas, documento base para súa conservación.
Non se entende que a Xunta, dou o visto bo antes de rematar estes estudios, antes de establecer as pautas de conservación.
Obras contrarias á normativa EuropeaA Directiva Aves, integrada e reafirmada pola Directiva de Hábitats, protexe estas especies e outras, así coma os seus ecosistemas. Dado o interese para as aves, a Terra Chá ocupado por regadíos tradicionais reúne os requisitos básicos para ser considerada como ZEPA (Zona de Especial Protección de las Aves) ao incluír nunha coherente red de Zepas da Unión Europea e que á precisamente a pasividade das autoridades españolas e Galegas, que demostraron un escasísimo esforzo no inventario e designación de protección efectiva destas áreas, o que provoca que espacios como os da Terra Chá, entre outros, sufran unha reducción significativa na última década das poblaciones de aves ameazadas, pasando de poboacións fonte a sumidoiro, quedando confinadas neste territorio precisamente pola falla de integración de políticas de respecto ambiental coas actividades de desenrolo económico e agrícolas.
Por esta razón, o Sociedade Galega de Ornitoloxía, iniciou unha seríe de iniciativas en Bruxelas para esclarecer a situación legal destas obras
Impactos sobre a fauna durante e despois das obrasAs obras supón, eliminación de vexetación, emisións de pó e ruido, tránsito de persoas e maquinaria… A pesar de ser temporal, condiciona gravemente as características da paisaxe percibida polas aves, ocasionarán a perdida funcional de amplas superficies de hábitat utilizado polas mesmas, producíndose o abandono definitivo das áreas de cortexo, cópula, nidificación e alimentación.
A posteriorí, provocará un aumento da intensidade agrícola, sobre todo do cultivo do millo, aumentando o uso de fertilizantes e fitosanitarios supondrá:
A pérdida de recursos tróficos para adultos e polos, diminución de superficie para a alimentación, Perda das áreas de exhibición e cortexo dos machos de Sisón, perda de áreas de nidificación, diminución da taxa de eclosión e supervivencia de polos, incremento da probabilidade de extinción da metapoboación chairega de Sisón, afeccións sobre o humidal de Veiga de Pumar e todo o sistema hídrico da zona por contaminación, eutrofización e modificación do balance de nutrintes, o que poderá afectar ás aves e ás importantes comunidades de plantas acuáticas.
Por todo o exposto, solicítase dende a FEG, que se replantexen as obras en base o Plan de Conservación, en redacción, para a conservación destas perlas da nosa natureza.
A FEG apoia as iniciativas abertas pola Sociedade Galega de Ornitoloxía en Bruxela e prestará axuda que se nos requira dende esta asociación