Carlos Castaño clasificouse cuarto na primeira etapa da Volta a Madrid, disputada sobre 148,3 Kms. con saída e meta en Valdelaguna.
O ciclista do Karpin Galicia, Carlos Castaño
Castaño empregou o mesmo tempo que o vencedor desta primeira etapa, Angel Vicioso, do Relax-GAM, primeiro líder da proba.
A primeira proba da rolda madrileña, con cinco portos de terceira e un de segunda, foi, segundo o equipo profesional galego, un "auténtico rompepernas", e o pelotón chegou a meta fraccionado en numerosos grupos, co de cabeza integrado por só oito corredores.
No seguinte grupo, a sete segundos do primeiro, ían nove ciclistas, entre eles o corredor do Karpin Galicia, Gustavo Domínguez, no posto décimo.
O equipo galego conseguiu nesta primeira etapa, situar dous dos seus entre os dez primeiros corredores da clasificación xeral. A segunda etapa, que se correrá a quinta feira, é unha contrarreloxo individual de 21 quilómetros de percorrido, unindo as localidades madrileñas de Fuentedueña e Belmonte.