Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
ciclismo

Comeza a 'Vuelta a Madrid' cos corredores do Karpin Galicia dispostos a sumar triunfos

O equipo profesional galego participa entre o 18 e o 22 de xullo na 'Vuelta Ciclista' a Madrid, proba que a Federación Madrileña rescatou para o ciclismo profesional, e que se disputará en cinco etapas

Redacción - 10:31 18/07/2007

O equipo galego, ás ordes de Suso Blanco Villar, leva a Madrid a David García, Gustavo Domínguez, Juan Mourón, Enrique Salgueiro, Gaizka Lasa, Carlos Castaño e a Serafín Martínez.

Tras o seu primeiro triunfo a pasada semana na etapa raíña do Trofeo Joquim Agostinho, o Karpin Galicia ten ansias de máis vitorias. David García e, en particular, o madrileño Carlos Castaño, que correrá na casa, son as bazas que o equipo galego ve como as máis nesta proba.

A 'Vuelta a Madrid' finalizará o domingo con 12 voltas a un circuíto na Casa de Campo, pero as súas xornadas máis decisivas serán a segunda, cunha contrarreloxo de 21 quilómetros, e a cuarta, que presenta no seu percorrido catro portos de montaña.

Xunto co Karpin, nesta rolda participan 16 equipos máis de todo o estado e de Portugal.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: