Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Camilo Franco dará o pregón

Ribadavia, capital do teatro un ano máis

Volve un dos eventos máis importantes das nosas artes escénicaso teatro galego: a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, xa na súa XXIII edición, convoca a 21 compañías na vila ourensá do 17 ao 24 de xullo.

Redacción - 19:40 16/07/2007

Teatro para nenos e nenas, para bebés para persoas adultas e para quen nunca deixou de ser cativo, malabares, circo, marionetas, danza, teatro de autor, teatro na rúa... Ribadavia acolle esta semana infinidade de expresións escénicas na XXIII Mostra de Teatro. Catro das compañías son galegas: lagarta, lagarta trae As últimas lúas, Pista Catro, a súa coprodución do CDG, Kamikaze, onde experimentan co novo circo, Sarabela, Margar no Pazo do Tempo, e Zancalino estrea un espectáculo de rúa.

Ademais, veñen once agrupacións do resto do Estado: dende Euskadi, Deabru Beltzak con Bande Déplacée e dende Madrid o Cancionero republicano de Micomicón, Teatro en el Aire, cunha experiencia "sensoteatral" titulada La cama, a divertida Móvil, de Sergi Belbel, levada a escena polo Centro Dramático Nacional, con María Barranco como intérprete, e Cantando bajo las balas, de K. Producciones. Tamén veremos á catalá Mar Gómez, a andaluza Date Danza, cunha montaxe para bebés de 0 a 3 anos, Tondo Redondo, e, dende Castela e León, Teloncillo con Muuu... Las cosas de Celia, e Teatro Corsario con Aullidos.

Dende a outra beira do Atlántico, chega a arxentina La Mula, con A desmano, a o Ballet Nacional Folk de Cuba, e o Teatro de la Plaza de Brasil, coas súas Histórias de desperdícios. Dende Italia, Teatrino del Piedi trae unha novedosa técnica de títeres: Había unha vez... dous pés. A francesa Bouldegon, que inaugura a mostra con Encore Pluvieux e a turca Ziya Azazi, que a pechan con Dervish in progress, completan o cartel. O encargado de abrir este martes a mostra dando o pregón é o crítico teatral, xornalista e escritor Camilo Franco.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: