Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Do 16 ao 26 de xullo

Quince anos de jazz en Pontevedra

O Pontejazz trae este ano o programa máis completo da súa historia. Nesta XIV edición, o Festival Internacional de Jazz e Blues converte a Boa Vila na capital do xénero. Aquí podemos ver unha actuación de Xacobe Martínez no Manteca Jazz, en Vigo:

Redacción - 11:52 16/07/2007



As pontes que se tenderon o ano pasado coa outra beira do Atlántico seguen a manterse fortes: Walter Smith III Trio chegan dende Nova York ás terras do Lérez, no que será o seu único concerto en Europa. Ademais, os seus compoñentes participan no Pontejazz Workshop que terá lugar do 16 ao 20 de xullo: Walter Smith III (saxo tenor), Matt Brewer (contrabaixo) e Jonathan Blake (batería) compartirán o seu talento con todas as persoas que asistan, e tamén o pianista e arranxista portugués Carlos Azevedo, que dirixe xunto a Pedro Guedes a Orquestra de Jazz de Matosinhos, abordará o traballo da Big Band.

Ponte tamén alén do Miño, que une aos músicos dunha e doutra beira precisamente baixo a dirección de Azevedo: a Pontejazz Big Band está integrada por dezasete músicos, e poderemos coñecela o sábado 21. Outro concerto que farán vibrar o Teucro é o de Xacobe Martínez Antelo Quinteto o día 20. Sen esquecermos que non han faltar as jam sessions e o jazz pola rúa.E xa na Praza da Ferraría, dende o 22 ao 26 contaremos con figuras de prestixio internacional, como The Joshua Redman Trio, Kurt Elling, o gospell de The Campbell Brothers, a Chicago Blues Revue (ou o que é o mesmo, a explosiva unión de Magic Slim and The Teardrops con Big Time Sarah e Billy Branch), e, para rematar, o pianista serbio Bojan Zulfikarpasic, e o seu Bojan Z Trío. Dez días intensos ao son do jazz nas prazas pontevedresas.


1,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: