Eladio Jiménez, corredor do equipo profesional galego, terminou o 'GP Torres Vedras-Trofeo Joaquim Agostinho', no segundo posto da xeral, a 46 segundos do vencedor, Xavier Tondo.
Eladio Jiménez
Jiménez deulle a primeira Vitoria desta tempada ao equipo galego, ademais dos dous podios conquistados no Campionato Estatal e no GP CTT Correios portugués.
A última etapa desta proba decidiuse nun sprint a favor do ciclista valenciano Javier Benítez (Benfica), que terminou por diante, sumando a súa oitava vitoria no que vai de tempada, o que o converte no ciclista español máis laureado desta campaña.
Na xeral, co segundo posto de Eladio Jiménez e o décimo quinto de Isidro Nozal, o Karpin Galicia sitúa dous dos seus homes entre os mellores.
Os primeiros corredores galegos nesta proba foron Marque e Pedro Fernández, ambos do Madeinox, nos postos vinte e nove e trinta e dous, respectivamente.
A próxima cita para o Karpin Galicia será a 'Vuelta a Madrid', que se disputa do 18 ao 22 e xullo.