Seducida por internet, a escritora austríaca xa puño na rede os primeiros capítulos da súa nova obra, "Envexa", segundo os vai escribindo.
"Publicar en internet é un magnífico e democrático método", contoulle Jelinek a Associated Press nunha entrevista concedida a través do correo electrónico. "Penso que a rede é unha cousa marabillosa", comenta, "conecta a xente e todos teñen a súa oportunidade para achegar". A súa primeira experiencia ciberliteraria bautízaa como unha mestura de "blog e prosa".
Na altura dos seus 60 anos, Elfriede Jelinek, que sofre o que ela mesma define como "fobia social", apenas é vista nunca en público. De feito, en 2004 non acudiu en persoa a recoller o Premio Nobel, galardón que agradeceu a través dun vídeo enviado á academia sueca.