Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

A vella muralla poderá verse por unha `xanela'

As aspiracións dos historiadores pontevedreses veranse truncadas toda vez que o Concello de Pontevedra destinará só unha `xanela' acristalada de catro metros cadrados á vella muralla do casco antigo, redescuberta a raíz das obras realizadas con motivo da instalación das tuberías do gas cidade.

- 11:14 17/03/1999
Tags:

O Concello de Pontevedra desmentiu que tivera a intención de reservar un espacio acristalado de case 30 metros para poder preservar para os visitantes os restos da vella muralla medieval que envolvía á cidade capitalina. Os restos da construcción fortificada da urbe pontevedresa serán tapados agás un espacio de catro metros cadrados, que será convintemente acristalado co fin de que os cidadáns podan contempla-los últimos vestixios dos muros de Pontevedra. Os restos da vella muralla que envolvían por completo á cidade de Pontevedra foron redescubertos durante o desenrolo das obras de instalación das tuberías do gas cidade que se están colocando por tódala capital. Días pasados sucedérase unha polémica ó denunciar públicamente o historiador pontevedrés, Juan Juega Puig, que se estaban a dana-los muros da vella cidade ó actuar sobre eles máquinas que non tiñan o coidado requerido, ó tempo que non había un seguimento obrigado por parte dun equipo de arqueólogos que supervisara os traballos. O Concello interesouse polo tema e obrigou á empresa adxudicataria das obras que se dotaran dun equipo de arqueólogos que miraran pola boa actuación neste senso ó tempo que albiscaban fórmulas para a conservacions dos achados. O resultado final parece ser que a `xanela' acristalada de catro metros cadrados a ras do chan será a única fórmula discurrida polos técnicos para que Pontevedra conserve o seu legado da historia.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: