Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Triunfo no Memorial Agostinho

Escenario luso para a primeira vitoria do Karpin Galicia

Por vez primeira un corredor do Karpin Galicia cruza en primeira posición a meta. Eladio Jiménez conseguiuno nas ramplas portuguesas de Montejunto.

Redacción - 09:30 14/07/2007

A boa forma que Eladio Jiménez xa amosara nas últimas probas, permítelle agora ao salmantino do cadro galego gañar a primeira vitoria. Desde que hai poucos meses o equipo debutara na Volta a Mallorca, esperábase con ansia o triunfo que abrise o palmarés.

Eladio Jiménez foi protagonista dese mérito, conseguindo o primeiro posto na etapa raíña do GP Torres Vedras - Memorial Agostinho, disputada entre Sobral de Monte Agraço e Montejunto, sobre unha distancia de 141,9Kms. Jiménez chegou por diante de Xavier Tondo (A MSS), Danail Petrov (Benfica) e Héctor Guerra (Lyberty - Seguros). Na xeneral colócase segundo, a 46 segundos de Tondo, e lidera o premio da montaña.

Non foi ademais o único do Karpin Galicia que o intentou. Antes, e nunha proba que arrincou cun fortísimo ritmo, cubrindo corenta e sete quilómetros na primeira hora de carreira, Ramón Troncoso metérase na primeira escapada. Máis tarde foi Gustavo César Veloso, quen tratou de probar sorte nunha fuga de catro corredores. A continuación, foi Eladio Jiménez o último en intentalo. "Foi unha subida na que levei sempre a iniciativa", explicou, "Fun rompendo o grupo con diversos ataques e o último lanceino a oitocentos metros de meta porque ía con Petrov e Azevedo que no sprint eran máis rápidos de eu". "Só me puido coller roda o líder, pero puiden entrar vitorioso", relata.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: