Rosa Aneiros tráenos unha nova entrega literaria para o espazo Onde sempre é bosque.
A pesar da súa xuventude, Rosa Aneiros revelouse nos últimos anos como unha das melloras narradoras da nosa literatura. O éxito chegoulle hai xa cinco anos canda a novela “Resistencia”. O romance que recreaba unha historia de amor no Portugal salazarista foi un éxito de crítica e público a unha e outra beira do Miño.
Logo de que Anxo Angueira nos levara ao Monte Meda, Teresa Moure á Ribeira Sacra e Xabier Cordal ao Caurel, esta semana viaxamos polas Fragas do Eume da man da escritora e xornalista Rosa Aneiros. Mergullámonos nunha fermosa historia case bíblica onde a natureza estoupa en cada liña. Entra Onde sempre é bosque.