No resto do Estado español o descenso, máis lixeiro, foi dun 7,23%.
O Anuario de Estatística Rexistral Inmobiliaria non deixa lugar a dúbidas: O mercado inmobiliario está a desincharse tamén en Galiza. Segundo o Colexio de Rexistradores, durante o ano 2006 as vivendas compradas e vendidas descenderon un 11,89%. A caída é sensibelmente máis notoria no país ca no resto do Estado, onde a media quedou nun 7,23%.
Segundo lle explicou o economista Ignacio San Martín a Europa Press, o descenso a nivel estatal foi “lixeiro e suave” aínda que matiza que “pon de manifesto a moderada ralentización da demanda, tanto de primeira como de segunda residencia”. Os analistas coidan que a suba das hipotecas, que se encareceron un 12% en 2006, foi unha das causas principais desta caída inmobiliaria.