Estas foron as verbas da directora xeral para o Deporte, Marta Souto, na cerimonia de inauguración destes xogos, perante milleiro e medio de rapaces e rapazas de toda Galiza e do norte de Portugal.
Marta Souto tamén destacou a unión entre Galiza e o Norte de Portugal e animou os mozos e mozas á participación con deportividade nos xogos, que se están a celebrar en Vilanova de Gaia até o vindeiro 14 de xullo.
A directora xeral para o Deporte estaba presente no acto de inauguración dos xogos, na tarde da terza feira no estadio Dr. Jorge Sampaio, onde comezaron os desfiles das diferentes delegacións (nove cidades galegas e nove cidades portuguesas).
Despois, os organizadores -ademais de Marta Souto, estaban alí reunidos o secretario de Estado do Deporte de Portugal, Laurentino José Monteiro de Castro Dias, o presidente do Eixo Atlántico, Luís Filipe Menezes e a madriña dos xogos, a campioa Rosa Mota- agradeceron a presenza dos e das deportistas no evento.
Esta edición dos xogos, que comezarán na mañá da cuarta feira coa competición, reúne a preto de 1.500 rapaces e rapazas de Galiza e do Norte de Portugal, que competirán nas modalidades de balonmán, baloncesto, voleibol, vólei praia, fútbol 7, atletismo, atletismo para impedidos e natación.