O delegado do goberno español en Euskadi ordenou á Avogacía do Estado recorrer estes estatutos xa que, segundo el, "pretenden outorgar ao deporte vasco unha representación internacional" que só dá o Estado.
As federacións afectadas serían a de ciclismo, a de karate, a de deporte adaptado, balonmán, xogos e deportes vascos, atletismo, natación, loita e sambo, halterofilia, ximnasia, surf, hípica, triatlón, automobilismo, rugby, judo e deportes asociados, xadrez, actividades subacuáticas e tiro olímpico.
A lei na que se fundamentan os estatutos recorridos xa fora impugnada polo executivo español ante o Tribunal Constitucional, debido, en palabras textuais "a que pretendía outorgar ao deporte vasco unha representación de carácter estatal e internacional que, en opinión do goberno, vulneraba o artigo 149-1-3 da Constitución española", segundo o cal só o Estado ten exclusiva competencia en relacións internacionais.
O delegado do goberno en Euskadi, Paulino Luesma, lembrou que o Constitucional xa acordara suspender o relativo á representación das federacións vascas, alén do seu ámbito territorial, e que hai que os suspender, xa que se "opoñen á normativa estatal en materia de deporte".