O boirense obtivo o premio na categoría de adultos. Na modalidade xuvenil, Carla Piñeiro obtivo o primeiro premio con Segunda oportunidade.
Sigmund Freud en: El niño que no tenía manos, segundo o seu autor, "céntrase nunha pequena historia acontecida ao final da biografía de Freud, mesturada cunha experiencia ficticia en que coñece a peculiar relación dun neno sen mans coa súa nai". Kike Benlloch e Hugo Covelo obtiveron o segundo premio, e Álvaro López Santos o terceiro.
Na categoría B, destinada a xente de 14 a 17 anos, o primeiro premio foi para a canguesa Carla Piñeiro, cunha historia en que unha rapaza morta pode decidir se volve vivir. Patricia Calvar, tamén de Cangas, obtivo o segundo posto, e Emilio Manoel Camaño, de Moaña, o terceiro. En Viñeta Xove, para menores de 14 anos, gañou o vigués de 10 anos Brais Barreiro, co traballo Os tres hámsters. Andrea Santomé e Laura Mecerreyes, de Moaña, levaron cadanseu accésit. Poderemos ver os traballos no Auditorio Municipal de Cangas durante o Salón do Cómic, entre o 16 e o 22 de xullo.
Brais Rodríguez, licenciado en Belas Artes en Pontevedra na especialidade de pintura, foi dos fundadores do Carne líquida, colaborou con Barsowia dende o primeiro número, e de feito é o autor que máis obra ten no colectivo Barsowia en llamas. O Fanzine Enfermo ou Dos veces breve (especial underground) foron outras das publicacións que acolleron a súa obra, ademais do álbum colectivo H2Oil, ou a web do Colectivo Chapapote. É o terceiro ano consecutivo que leva o primeiro premio en Cangas: xa o obtivera no VII certame, no 2005, con Robot Orgánico, e tamén o ano pasado con Día de bosque.